A Praza de Abastos de Vilagarcía acollerá unha exposición
"IMAXES PARA DESPÓIS DUNHA PANDEMIA"
Data de presentación: 3 de septembro ás 11.00 da mañá.
Lugar: primeira planta da Praza de Abastos.
Duración da exposición: todo o mes de septembro.
- A exposición constará dunha colección de 75 fotografías antigas de Vilagarcía de Arousa coas súas respectivas imaxes actuales.
- O obxectivo é facer balance da evolución vivida pola nosa cidade no último século.
A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa invita a todos os vilagarciáns e vilagarciás a asistir a exposición fotográfica organizada na primeira planta do mercado.
Baixo o título de “IMAXES PARA DESPOIS DUNHA PANDEMIA”, a mostra recollerá fotografías antigas e actuais de distintos lugares icónicos de Vilagarcía. O obxectivo da exposición é facer reflexionar aos cidadáns para que fagan balance da transformación vivida pola nosa cidade nas últimas décadas.
Trátase dunha exposición didáctica e moi interesante apta para todos os públicos. Os máis mozos poderán ver de onde vimos e coñecer a historia antiga da nosa cidade, mentres que os máis veteranos poderán recordar con nostalxia aqueles tempos pasados e valorar todos os aspectos da evolución de Vilagarcía.
Scroll to Top
Uso de Cookies
Esta web utiliza las cookies _ga propiedad de Google Analytics, persistentes durante 2 años, para habilitar la función de control de visitas únicas con el fin de facilitarle su navegación por el sitio web. Si continúa navegando consideramos que está de acuerdo con su uso. Podrá revocar el consentimiento y obtener más información consultando nuestra Política de cookies.
Más Información